Alexander von Middendorff
Alexander von Middendorff (en ruso: Алекса́ндр Фёдорович Ми́ддендорф; Alekséndr Fyodorovich Míddendorf), nado 18 de agosto de 1815 en San Petersburgo, e finado o 24 de xaneiro de 1894 en Hellenurme, condado de Valga, Livonia, Estonia, foi un zoólogo e explorador ruso de orixe alemá (era un dos chamados alemáns do Báltico).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Von Middendorff obtivo o seu título de Doutor en Medicina na Universidade de Tartu en 1837. Proseguiu os seus estudos en Berlín, Erlangen, Viena e Breslau.
En 1839 foi profesor asistente de zooloxía na Universidade de Kíiv.
Formou parte da expedición de exploración da península de Kola conducida por Karl Ernst von Baer.
Desde 1843 a 1845 explorou a península de Taimyr en Siberia por conta da Academia de Ciencias de San Petersburgo.
Publicou as súas observacións en catro volumes co título Reise in den äussersten Norden und Osten Sibiriens (1848-1875), onde describe os efectos do permafrost sobre a fauna e a flora.
Aos 40 anos obtén o cargo de secretario da Academia de Ciencias de San Petersburgo, en recoñecemento ás súas exploracións.
Continua con elas até o seu retiro en 1860.
Interesouse pola migración das aves en Rusia, na súa obra Die Isepiptesen Russlands (1855).
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Middend emprégase para indicar a Alexander Theodor von Middendorff como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[1]
- A abreviatura Middendorff emprégase para recoñecer a Alexander Theodor von Middendorff como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander von Middendorff |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alexander von Middendorff |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gruson, Edward S. (1972): Words for Birds. A Lexicon of North American Birds with Biographical Notes. NoVa York: Quadrangle Books. ISBN 978-0-6866-6640-0.
- Tammiksaar, E. & I. Stone (2007): "Alexander von Middendorff and his expedition to Siberia (1842–1845)". Polar Record 43 (226): 193-216.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
- Científicos de Rusia
- Botánicos de Rusia
- Zoólogos de Rusia
- Exploradores
- Alumnos da Universidade de Tartu
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Alumnos da Universidade de Erlangen-Núremberg
- Alumnos da Universidade de Viena
- Alumnos da Universidade de Wrocław
- Profesores da Universidade de Kíiv
- Nados en San Petersburgo
- Nados en 1815
- Finados en 1894